2011-07-28

Matrix [GAL]

Autor: David Pérez Rego
Título: Matrix (2005, A Peneira)
Descripción: artículo publicado en el periódico impreso A Peneira da Louriña en 2005.

O director do Medialab do Instituto de Tecnoloxía de Massachussets, Nicholas Negroponte, ven de anunciar recentemente a creación de ordenadores persoais cun ínfimo custe de 100 $, destinados principalmente ós países en desenvolvemento, co fin de paliar a enorme brecha tecnolóxica entre o “primeiro” e o “terceiro” mundo. [...]

Seguir leyendo y/o descargar: PDF (193 kb) XML (69 kb)

Cópiame [GAL]

Autor: David Pérez Rego
Título: Cópiame (2005, A Peneira)
Descripción: artículo publicado en el periódico impreso A Peneira da Louriña en 2005.

Parece que toda a nosa vida está patentada e debemos pagar dereitos de autor por vivila. Probablemente pouca xente saiba que a música do himno socialista “A Internacional” é propiedade da sociedade SDRM; o símbolo universal da paz, a pomba branca, é propiedade de VEGAG, entidade que xestiona os dereitos de reproducción das obras de Pablo Picasso, quen a “creou” coma tal símbolo. [...]

Seguir leyendo y/o descargar: PDF (145 kb) XML (68 kb)

Saltando valados [GAL]

Autor: David Pérez Rego
Título: Saltando valados (2005, A Peneira)
Descripción: artículo publicado en el periódico impreso A Peneira da Louriña en 2005.

Chámome Eric e son subsahariano. O primeiro valado que me puxeron foi na infancia. Negáronme a educación, a alimentación, a felicidade e o futuro. Dende aquela vou saltándoos. Ás veces máis altos, outras máis pequenos, pero a vida da xente coma min é unha carreira atlética de salto de valados. Ás veces caio, pero teño que levantarme e volver a correr, e volver a saltar, porque a xente como eu non ten máis opcións que correr e saltar, e cair e seguir correndo. [...]

Seguir leyendo y/o descargar: PDF (128 kb) XML (68 kb)

Con vitaminas A, B, C e CHE [GAL]

Autor: David Pérez Rego
Título: Con vitaminas A, B, C e CHE (2005, A Peneira)
Descripción: artículo publicado en el periódico impreso A Peneira da Louriña en 2005.

Estoume quedando atrás. Definitivamente. Cada vez que acendo a tele e me poño a ver anuncios, alguén non deixa de recordarme que son un maldito desgraciado. Vexo ás mulleres de Corporación Dermoestética... – sabendo que nunca as terei se non boto tres tipos de crema - e póñome a pensar en dar unha ducha fría: pero alí sempre me aparece a do xampú Herbal de “toda unha experiencia sensual” e así non imos a ningunha parte. Que non me dou concentrado, que tremo cada vez que penso o día en que, para vender as Gillette, aparecerá unha muller rasurándose o pubis. [...]

Seguir leyendo y/o descargar: PDF (145 kb) XML (65 kb)

Queimando calorías [GAL]

Autor: David Pérez Rego
Título: Queimando calorías (2005, A Peneira)
Descripción: artículo publicado en el periódico impreso A Peneira da Louriña en 2005.

Non son nin persistente, nin voluntarioso. Por iso cando collo a bicicleta “extática” e me poño a pedalear como un maldito, nunha desas as miñas tempadas temporais de mens sana in corpore sano, os amigos escachan coa risa e van contando os días que aguanto nesa tesitura. Que carallo – dígolles eu cando volvo a renunciar á bici e volto ás miñas tempadas de ociosidade e terraza de bar -, non penso gañar unha olimpiada, pero non me negaredes que catro ou cinco días de exercicio de vez en cando non veñen mal; non me vou converter nun atleta, vaia, pero para o corpo e a saúde esta solución parcial non ven nada mal. [...]

Seguir leyendo y/o descargar: PDF (157 kb) XML (65 kb)

Por marcha nupcial a Gloria Gaynor [GAL]

Autor: David Pérez Rego
Título: Por marcha nupcial a Gloria Gaynor (2005, A Peneira)
Descripción: artículo publicado en el periódico impreso A Peneira da Louriña en 2005.

Que unha persoa pense que a palabra “matrimonio” non pode significar a unión entre dúas persoas do mesmo xénero sexual, paréceme ben. Asisto asombrado a unha súbita preocupación nacional pola precisión terminolóxica, a un profundo interese pola Gramática e a Literatura, e iso sempre está ben. Agora si, gustaríame que nos deixaramos de caralladas e falaramos en prata. [...]

Seguir leyendo y/o descargar: PDF (142 kb) XML (63 kb)